Trala morte de Carlos II, pertencente os Austrias menores, prodúcese unha Guerra de Sucesión entre, dous pretendentes a gobernar o reino, Filipe de Anjou ( Filipe V), da familia dos Borbóns e o arquiduque Carlos pertencente a dinastía dos Austrias.
Debido a este enfrontamento España divédese en dous bandos, por un lado Castela partidaria de que goberne Filipe V, e por outro lado Aragón, que defendían o acceso ó trono do arquiduque Carlos. Ambos os dous opoñentes teñen dereitos dinásticos no estranxeiro e para acceder o trono español deben renunciar ós tronos de países estranxeiros.
Filipe V accede finalmente ó trono da coroa española, aínda que as adversións, por parte do pobo partidario do arquiduque non rematan ata o ano 1714.
O arquiduque Carlos polo contrario pasa a ocupar o trono austríaco rematando a Guerra de Sucesión cos tratados de Utrecht e Rastadt.
Nun primeiro momento e con esta guerra España perde as posesións europeas, e dase un cambio drástico na configuración política e administrativa española.
O novo modelo político que se impón é o absolutismo, que xurdiu en Francia no s.XVII de cuxo modelo político Luís XIV é a mellor representación. Este caracterízase polos grandes poderes dos que goza rei, que se cre de orixe divina, centralización política, uniformidade lexislativa e institucional, reforma do exército e da recadación fiscal que pretendía aumentar os ingresos. Tamén desaparece o sistema polisinoidal, instaurado polos Austrias, que é substituido polo consello ou secretaría de Despacho( dividida en: Guerra; Mariña e Indias; Xustiza; Estado; as cales se engadirá máis tarde a Facenda), ademais da imposición dos decretos de Nova Planta (supresión dos foros e cambio na organización administrativa).
O Estado dividíuse en provincias controladas polos intendentes ou por capitanías xenerais e os monarcas conseguen o regalismo (Tratado do Concordato). Os xesuítas son expulsados no 1767 e conséguese facer un exército permanente.
Tras este periodo de absolutismo comezan a xurdir as ideas ilustradas: predominio da razón, autonomía do poder político, tolerancia relixiosa, importancia da educación, etc. En España os novatores son os que se preocupan polo atraso na educación e máis puntualmente no atraso científico. Será a Xeración Ilustrada quen impulse o reformismo borbónico pedindo a creación de novas institucións para a difusión intelectual.
Como resposta a estas peticións reformistas, aparece, baixo o reinado de Carlos III, o Depotismo Ilustrado, que se vai preocupar pola mellora da economía, da organización e a racionalización do Estado, apoiándose o monarca en dous ministros italianos,que promovían unha reforma radical, e cuxas ideas van provocar o Motín de Esquilache. Tras este acontecemento vais promover unha política reformista moderada na cal destacarán Campomanes, o Conde de Aranda e Floridablanca, ainda que tamén desempeñaron funcións importantes Francisco Cabarrús, Pablo de Olavide, Jovellanos...
Estes pretenden diminuir o poder eclesiástico, aumentar a recadación fiscal, liberalismo económico, impoñer un servicio militar obrigatorio, reorganizar o exército, apoio ó desenvolvemento educativo,...
A pesar de todas as reformas que citamos España segue inmersano Antigo Réxime cunha sociedade estamental ,con escasa mobilidade social, con absolutismo monárquico, e cunha economía basada nunha agricultura feudal e con terras amortizadas, que se vai ir transformando paulatinamente sobre unha serie de cambios dos cales podemos citar os máis importantes: a propiedade privada libre, liberización das actividades económicas e o ascenso da burguesía, que levarán a crise do Antigo Réxime.
Sandra Fernández Fernández