miércoles, 9 de junio de 2010

O Dadaísmo

O dadaísmo é un movemento xurdido en Zurich en torno ao ano 1916, e coa axuda de Hugo Ball, que se caracteriza pola súa reivindicación á destrución da arte, do azar e do absurdo.

Xurde do descontento da xente no periodo posterior á Primeira Guerra Mundial.

O termo dadá procede dun dicionario francés aberto ao azar, que se utilizou para nomear a un movemento literario e artístico que pretendía romper con toda a tradición anterior.

Os fundadores deste movemento foron Tristan Tzara (poeta rumano ) e o pintor Hans Arp.

Estendeuse por Europa en torno a unha figura moi representativa desta corrente que foi Marcel Duchamp. Foi o creador dos "ready made", obras realizadas a partir de obxectos cotiáns, atribuíndolles un novo significado, é dicir, descontextualizándoos.

As caracterísitcas principais desta corrente artística son: integración de técnicas diferentes ás xa coñecidas, como por exemplo a aparición do "collage", desprecia o retórico e tradicional, liberación do subconsciente, expresión libre da arte e busca a renovación da expresión mediante a utilización de materiais inusuais.

Algúns dos artistas máis destacados son Marcel Duchamp, Man Ray ou Francis Picabia, e algunha das obras máis representativas son "Parada amorosa" de Picabia e "O gran vidro" de Duchamp.

Asdo: Sandra e Cristina Fernández

Información sacada de : Wikipedia, imaxes de Google, http://www.enerxia.net/xart/documentacion/dadaismo.htm.

martes, 8 de junio de 2010

A Revolución Rusa

En 1917 Rusia retírase da I Guerra Mundial para asistir á chamada revolución socialista en Rusia.

Antes da Revolución a situación de Rusia era unha grande extensión formada por 200 nacionalidades, gobernada de maneira absoluta polo Tsar, que controlaba o país mediante a policía política (Ochrana), o exército e a excesiva burocracia, atrasada política e economicamente, pois a súa economía xiraba en torno á agricultura, que utilizaba métodos arcaicos e inexistencia, practicamente, da industria, penosas condicións de vida de obreiros e campesiños, e unha grande influencia na política da igrexa ortodoxa.

Esta situación favoreceu a aparición de movementos opostos ao Tsarismo. Un dos partidos máis importantes foi o Partido Social Demócrata Ruso fundado no ano 1898 que se divíde en dúas opcións no ano 1903: mencheviques e bolxeviques.

Os mencheviques, que tiñan como líderes a Martov e Plejanov, que propoñían unha revolución dirixida pola Burguesía como paso previo á Revolución Socialista.

Os bolxeviques, que teñen como líder a Lenin, que popón unha revolución dirixida polos campesiños e proletariado.

Os feitos que levaron a Revolución Socialista foron: no ano 1905 Rusia perde a guerra contra Xapón polo dominio de Manchuria, suceso que fai que aumente o malestar social, o que provoca o estalido da Revolución.
O Tsar, como reacción á folga, reprime aos manifestantes matando a 100 persoas diante do Paza do Goberno. Finalmente para tentar freala crea o que se coñece como a duma .

Con isto aumenta os dereitos as liberdades e amplia o dereito ao voto, anque na práctica continúa a gobernar de maneira absoluta.

A partir deste suceso, e polo descontento dos rusos pola participación de Rusia na 1ª Guerra Mundial, en Febreiro do ano 1917 hai unha folga xeral en San Petersburgo esténdese por Rusia. A esta folga únense o exército o que fai que o Tsar Nicolás II deixe o poder.

Despois deste suceso a duma, instaura un goberno provisional e un parlamento liberal. Anque os soviets nas rúas pedían medidas máis radicais o goberno provisional non as tivo en conta.

Lenin, líder dos bolxeviques, de volta do exilio espuxo a súa estratexia para chegar á Revolución Socialista na Tesis de Abril. Pensaba que como os burgueses non ían realizar máis cambios, o poder debía recaer nos soviets para levar a cabo a revolución.

Por iso o 24 e 25 de Outubro de 1917 os bolxeviques tomaron os puntos claves de San Petersburgo ata tomar o "Palacio de Inverno", sede do goberno, e dende alí espallaron a revolución.

Comeza unha Guerra Civil entre partidarios do Tsar e liberales contra os Bolxeviques, que finaliza coa victoria dos Bolxeviques no ano 1921.

Os bolxeviques formaron un goberno con Lenin no mando xunto con Trostki e Stalin. Este goberno propuxo unha nova política económica a NEP, cunha menor intervención do Estado para a mellora da economía.

No ano 1922 e co goberno de Lenin Rusia convértese na U.R.S.S. que pasa a estar formada pola unión de varias Repúblicas Socialistas Soviéticas, que no 1923 promulgan a súa Constitución.

O goberno de Lenin acaba no ano 1924 coa súa morte. Tras este suceso deuse unha loita entre Trostki e Stalin pola súa sucesión, quedando gañador Stalin.

O establecememto da U.R.S.S. cae no ano 1991 cando acaba a "guerra fría".

http://www.youtube.com/watch?v=P_P1W4ct2RM&feature=related (vídeo relacionado coa Revolución Rusa.)

Asdo : Cristina Fdez e Sandra Fdez.

Información sacada: libro de historia, imaxes de Google, http://www.monografias.com/, http://www.portalplanetasedna.com/.

martes, 20 de abril de 2010

Pablo Picasso


Pablo Ruiz Picasso naceu en Málga o 25 de outubro de 1881 e morreu en Mougins( Francia o 28 de abril de 1973. Foi un pintor e escultor español que, xunto con Braque e Gris creou o movemento cubista.
É considerado un dos mellores artistas do século XX participando en moitos movementos artísticos propagados por todo o mundo. Pintou máis de dúas mil obras e adicouse, ademais da pintura e escultura, a outros xéneros como o grabado, a ilustración de libros, a cerámica, etc.
Tamén participou na política e foi membro do Partido Comunista en Francia ata a súa morte, con 91 anos.
Na pintura de Picasso podemos distinguir diversas etapas. A primeira delas é a etapa azul, influenciada, claramente, polo simbolismo. Un exemplo de obra desta etapa de Picasso é A morte de Casagemas, este nome provén da cor que domina a gama cromática das pinturas, ten a súa orixe no suicidio do seu amigo Carlos Casagenas, que o deixou cheo de dor e tristeza.
En 1904 trasladouse definitivamente a Francia donde instalou un estudio nas ribeiras do Sena. Alí trabou amizade con diversos literatos, mentres que a súa pintura experimentaba una nova evolución caracterizada por el uso dos colores terra y rosa, a etapa rosa. Exemplos de pintura desta etapa é A familia de saltimbanquis, que pintou na primavera de 1905, e La bella holandesa.
Hacia finales de 1906 comezou a traballar nunha obra que ía cambiar o curso da arte do século XX: Les demoiselles d’Avignon (As señoritas de Aviñó), na que se observa claramente a influencia del estilo africano, que tomou de Cézanne. Baixo a influencia deste e en compaña doutro xove pintor, Georges Braque, iniciou a nova corrente artística, o cubismo.
A partir de 1909 Picasso e Braque desenrolaron este estilo na primeira fase chamada analítica. Máis tarde, en 1912 introduciron recortes de papel e outros materiais, a técnica á que denominaron collage.


Asdo: Sandra Fernández Fernández
Información sacada de: Wikipedia e www.biografiasyvidas.com

martes, 16 de marzo de 2010

VITORIA I



Alexandrina Victoria foi raíña de Gran Bretaña e Irlanda de 1837 a 1901, sucedendo a Guillerme IV de Inglaterra (irmán do seu pai). Co nome de Victoria I foi proclamada emperatriz da India en 1877. Filla de Edward Augustus, duque de Kent e Strathearn e da princesa Victoria María de Saxonia Coburgo Saalfeld, naceu no palacio de Kensington o 24 de maio de 1819. Casou en 1840 no palacio de Saint James co prícipe Alberte de Saxonia Coburgo Gota, coroado príncipe consorte en 1857.

Morreu en Osborne House, illa de Wight, o 22 de xaneiro de 1901. Está enterrada no Mausoleo Real (Royal Mausoleum) de Frogmore. A ela débese a expresión da época vitoriana para referirmos á época de apoxeo do Imperio Británico.

A raiña Victoria é tataravoa da raiña Isabel II do Reino Unido, do rei Juan Carlos I de España e da súa consorte a reiña Sofía de Grecia, da reiña Margarita II de Dinamarca, do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e do rei Harald V de Noruega .


FEITO POR: Alba Carrín

Informacion sacada de:WIKIPEDIA

Eugene Delacroix


Eugene Delacroix foi un pintor francés nado en 1798, un dos máis importantes do Romanticismo.

Aos 18 anos estudiou na escola de belas artes.
Visita frecuentemente o museo de Louvre (París) estudando e copiando aos pintores que admiraba como poden ser Rubens e Velázquez entre outros.
Nas súas obras aparece o debate entre a tradición e o realismo. Aprendeu do pintor Boninghton a pintar a paisaxe. Coñece a Stendhal e Meriméé en salóns literarios. Tamén se relaciona con Paganini e Frederic Chopin, dos que fai os seus retratos.
En 1882 Delacroix expón por primeira vez Dante e Virxilio nos infernos, obra chea de forza e cunhas cores e expresións moi traballadas.

Outra obra moi importante é a Liberdade guiando ao pobo, no que se representan as barricadas levadas a cabo a noite do 28 de Xullo de 1830, polos xóvenes republicanos franceses. A este acto deuselle en chamar “As tres xornadas gloriosas”. En todas as nacións se loitaba contra os monarcas absolutos e reclamaban a independencia.

Delacroix elixe para o cadro o momento do combate nas rúas parisinas e comenta este cadro coas palabras: “comecei un tema moderno, unha barricada...se non loitei pola miña patria polo menos pintarei para ela”. O desexo de compromiso do pintor levao a debuxarse a el mesmo no cadro (home co sombreiro de copa).

No cadro exáltase a cor e os xestos, dandolle un carácter tráxico e sensación de angustia. Tamén se resaltan as luces, que estalan na figura da liberdade e na camisa do home que aparece caído, e as sombras .

Outros cadros importantes deste autor son A morte de Sardanápalo e a Matanza de Quíos.
Asinado: Sandra Fernández
Información sacada de: Wikipedia e libro de texto de 4º ESO.

A arte gótica e os góticos

A arte gótica é un estilo que se desarrollou en Europa occidental durante os últimos séculos da Idade Media, desde mediados do século XII ata a implantación do Renacemento. Trátase dun amplo periodo artístico, que xorde no norte de Francia e se expande por todo o occidente. Según os países e as rexións desarrollase en momentos cronolóxicos diversos, ofrecendo no seu amplo desarrollo diferenciacións profundas: máis puro en Francia, máis horizontal e cercano á tradición clásica en Italia; con peculiaridades locales en Flandes, Alemaña, Inglaterra, Castilla e Aragón.

A arte gótica propiamente dita coincide no tempo coa plenitude e a crisis da Idade Media. Sóese indicar que frente a arte romántica, a gótica coincide co máximo desarrollo da cultura urbana donde aparece a burguesía, as universidades e o florecemento das ordes relixiosas, así como a acentuación dos conflitos e da disidencia, e finalmente os pavorosos espectáculos da Peste Negra e a Guerra dos Cen Anos, nun mundo tan cambiante que soamente poden entenderse en térmos dunha mutación fundamental.

A principal relación entre a arte gótica e os góticos de hoxe en día é o gusto polo negro, o oscuro, o fúnebre... Tamén se di que nos edificios da arte gótica se poñían na entrada estatuas con gárgolas e que estes seres tiñan un certo parecido cas persoas góticas.
Nazareth Díaz Salgado

martes, 2 de marzo de 2010

O ANARQUISMO

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social que chama á oposición e á abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas.


Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado) ou calquera outra forma de opresión e explotación.


Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación ou consenso de tódolos cidadáns), así como rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.


A intención é desenrolar e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidaridade recíproca.


Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre tendo en conta conceptos como o da autoxestión e a acción directa e de base.


Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenrólase no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón convertéuse nun movemento que está presente de forma continua na actualidade.


http://www.youtube.com/watch?v=fSvHrWsuS1Y

ALBA CARRÍN MÉNDEZ

INFORMACIÓN SACADA DE : WIKIPEDIA, BLOG DE HISTORIA,ENCICLOPEDIA LAROUSSE