Mostrando entradas con la etiqueta Hª Moderna. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Hª Moderna. Mostrar todas las entradas

miércoles, 16 de diciembre de 2009

O IMPERIO NAPOLEÓNICO


Napoleón I Bonaparte foi un militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolución e o Directorio, artífice do golpe de Estado do 18 de Brumario que o convertiu no Primeiro Cónsul da República do 11 de novembro de 1799; cónsul vitalicio dende o 2 de agosto de 1802, o 18 de maio de 1804 foi proclamado Emperador dos Franceses e coroado o 2 de decembro.
Foi proclamado Rey de Italia o 18 de marzo do 1805 e coroado o 26 de maio, ostentou ambos títulos ata o 11 de abril do 1814, e novamente, dende o 20 de marzo ata o 22 de xuño de 1815.

Durante un período de pouco máis dunha década adquiriu o control de case toda Europa Occidental e Central mediante conquistas ou alianzas e sólo foi, tras a súa derrota na Batalla das Nacións en outubro de 1813, que se viu obligado a abdicar uns meses máis tarde.

Voltou a Francia no período coñecido como os Cen Días e foi decisivamente derrotado na Batalla de Waterloo o 18 de xuño do 1815, sendo desterrado por parte dos ingleses á illa de Santa Elena, donde faleceu.

Napoleón é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aunque con derrotas igualmente estrepitosas. As súas agresivas guerras de conquista convertíronse nas maiores guerras coñecidas ata ese momento en Europa, involucrando un número de soldados xamais vistos nos exércitos de entonces.

Ademáis destas proezas bélicas, Napoleón tamén é coñecido polo establecemento do Código Napoleónico,e é considerado por algúns como un "monarca iluminado" debido ó seu extraordinario talento e á súa capacidade de traballo. Outros, sin embargo, considérano un ditador tirano cuxas guerras causaron a morte de millóns de persoas, tamén é considerado un dos personaxes máis megalómanos e nefastos de todos os tempos.

Actualmente é considerado como un personaxe clave que marcou o inicio so siglo XIX e a posterior evolución da Europa contemporánea.

Asinado: Nazareth

martes, 15 de diciembre de 2009

Motín do té


O martes 16 de decembro de 1773 tivo lugar en Boston o chamado "Motín do Té", no que se lanzou ó mar o cargamento de té de tres buques británicos. Este acontecemento foi levado a cabo por uns colonos, como protesta á implantación dos impostos sobre o té, que se fixeron pasar por Peles Roxas. Esto foi considerado como un precedente da Guerra da Independencia dos Estados Unidos.

Este acto trouxo críticas de funcionarios tanto da colonia como británicos. A rectificación inglesa case inmediata non evitou a chamada "Masacre de Boston" , donde se boicotearon os produtos procedentes de Inglaterra. O goberno inglés cerrou o porto de Boston en 1774 como represalia e declarou o estado de excepción, instaurando outras leis coñecidas como Intolerable Acts.

Co tempo o Motín do Té demostrou ser unha das varias causas da Guerra da Independencia de Estados Unidos.

O Motín do Té é coñecido mundialmente e tivo influencias noutras revelións.

Asinado: Sandra, Luis e Nazareth.

miércoles, 18 de noviembre de 2009

Dinastía dos Habsburgo ou casa de Austria

A casa dos Austrias é o nome co que se coñece a dinastía dos Habsburgo que reinou o Imperio Español durante os séculos XVI e XVII.


O emperador Carlos V de Alemania e I de España, primeiro rei da casa dos Austrias, consigue un grande territorio que se extendía dende Filipinas ata México e dende os Países Baixos ata o estreito de Magalláns. Ademais da expansión ultramarina este territorio foi resultado da xuntanza de catro casas europeas, as de Borgoña, Austria, Aragón e Castela, que se coñeceu como Imperio Español, sobre todo a partir da división da herdanza de Carlos V entre o seu irmán Fernando I de Habsburgo e o seu fillo Filipe II.

Durante esta época foi a maior potencia de Europa. Máis tarde, e co reinado dos chamados Austrias Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II), coincidentes co mellor do Século de Ouro, das artes e das letras, perden a hexemonía europea e caen nunha profunda crise económica e social.


Despois da morte de Carlos II, no ano 1700, déixalle o trono a Filipe de Anjou, no canto de deixarllo ó seu parente o arquiduque Carlos, polo que se comeza a chamada Guerra de Sucesión.


Finalmente fírmase a paz de Uttrech e Rassat e que da ó mando do Imperio Español Filipe de Anjou, primeiro monarca da dinastía dos Borbóns.
Asinado: Sandra Fernández e Cristina Fernández

martes, 17 de noviembre de 2009

Napoleón cruzando os Alpes


Napoleón cruzando os Alpes, tamén coñecido como Napoleón no paso de San Bernardo, Bonaparte cruzando os Alpes, Retrato ecuestre de Bonaparte no monte Saint-Bernard é o título de cinco versións dun retrato ecuestre pintado ao óleo sobre lenzo de Napoleón Bonaparte pintados polo artista francés Jacques-Louis David entre 1801 e 1805. Inicialmente encargados polo embaixador español en Francia, a composición mostra unha versión fortemente idealizada do auténtico cruce dos Alpes por Napoleón e o seu exército en 1800.

O orixinal permaneceu en Madrid hasta 1812, cando a colleu José Bonaparte despois de abdicar como Rei de España. Levouno consigo cando marchou ao exilio aos Estados Unidos, e colgouna na súa finca de "Point Breeze" cerca de Bordentown, New Jersey. A pintura foi pasando dun descendente a outro hasta 1949, cando a súa gran sobriña, Eugenie Bonaparte, levouno ao museo do Castelo de Malmaison.

A versión creada para Castelo de Saint-Cloud de 1801 foi levada en 1814 por soldados prusianos baixo o mando de von Blücher quen se ofreceu ao Rei de Prusia. Actualmente encóntrase no Pazo de Charlottenburgo en Berlín.

A composición está baseada en formas xeométricas simples. O suxeito principal encaixa nun círculo delimitado polo rabo do cabalo o borde da capa. O pomo da espada está no centro deste círculo. Napoleón e o seu cabalo fan a forma dunha Z, dotando de dinamismo á escena, e ás diagonais das montañas e as nubes opóñense entre sí, reforzando a impresión de movemento. A pesar dos aspectos dinámicos da composición, a escena aparece estática, debido principalmente á iluminación coa que David iluminou ó seu suxeito dándolle á pintura o aspecto dun baixorreleve.

As cinco versións do cadro son máis ou menos do mesmo tamaño. Bonaparte aparece montado con un uniforme de xeneral en xefe, lucindo un bicornio con ribetes de ouro, e armado cun sable de estilo mameluco. Está envolto nos plegues de unha gran capa que ondea o vento. A súa cabeza está volta hacia o espectador, e fai un xesto coa súa man dereita hacia algo que está diante de él. A súa man esquerda suxeita as rendas do seu cabalo de combate. O cabalo está alzado sobre as súas patas traseiras, as súas crins e o rabo batendo sobre o seu corpo polo mesmo vento que infla a capa de Napoleón.

Asinado :Cristina Fernández

Eros e Psique de Antonio Cánova



Clasificación
É unha obra de Antonio Cánova.
Entre as súas obras de tema mitolóxico destaca a que representa un momento culminante da lenda de Eros e Psique.
Según esta lenda Psique era unha moza de extraordinaria beleza da cal se namorou Eros. A curiosidade da rapaza fixo que abrira o cántaro que lle dera Proserpina para que llo levara a Venus, que conteña o segredo da beleza.
Ó abrir o cántaro, unha nube envolveuna e caeu nun sono profundo do que non despertou ata que a bicou Eros.
Comentario
Na escultura de Cánova vese unha extraordinaria perfección no tratamento dos corpos. Estes adoptan posturas forzadas e forman un conxunto de diagonais(definida polas ás de Eros, pola súa perna dereita e o corpo de Psique) que teñen o seu centro no espacio que hai entre as bocas dos personxes.
A postura na que se atopan os corpos e o acercamento dos rostros destaca o carácter apaixonado dunha escea na que se representa o amor.

Asinado: Sandra Fernández

martes, 10 de noviembre de 2009

Luis XIV, un exemplo de monarca absoluto


Luis XIV de Francia (Saint-Germain en Laye, Francia, 5 de setembro de1638- Versalles, Francia, 1 de setembro de 1715) foi rei de Francia e de Navarra desde o 14 de maio de 1643 ata a súa morte, con casi 77 anos de idade e 72 de reinado, co príncipe de Andorra (1643-1715) como Luis II.

Coñecido como o Rei do Sol ou Luis o Grande, foi o primoxénito e sucesor de Luis XIII e de Ana de Austria (filla do rei Felipe III de España). Luis XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatindo en tres grandes guerras: a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra da Sucesión Española. Baixo o seu mandato, Francia non sólo conseguiu o poder político e militar, senón que tamén o dominio cultural. Estes logros culturais contribuiron ó prestixio de Francia, o seu pobo, a súa lingua e o seu rei. Luis XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, ata o punto no que o seu reino do é considerado o prototipo da monarquía absoluta, unha forma de goberno na que o monarca ten todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial). Este poder do monarca considérase que proviña de Deus. Desenrólase no século XVIII a partir das monarquías autoritarias.

A frase " O Estado son eu" atribúeselle frecuentemente, aunque está considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica ( si se fai caso das fechas, Luis tiña 5 anos cando o dixo), xa que é máis provable que dita frase fora forxada polos seus enimigos políticos para resaltar a división estereotipada do absolutismo político que Luis presentaba. Na contraposición a esa cita apócrifa, Luis XIV dixo antes de morrer : "Voume, pero o Estado sempre permanecerá".

Asinado: Luis, Sandra, Nazareth, Cristina e Alba.