martes, 16 de marzo de 2010

VITORIA I



Alexandrina Victoria foi raíña de Gran Bretaña e Irlanda de 1837 a 1901, sucedendo a Guillerme IV de Inglaterra (irmán do seu pai). Co nome de Victoria I foi proclamada emperatriz da India en 1877. Filla de Edward Augustus, duque de Kent e Strathearn e da princesa Victoria María de Saxonia Coburgo Saalfeld, naceu no palacio de Kensington o 24 de maio de 1819. Casou en 1840 no palacio de Saint James co prícipe Alberte de Saxonia Coburgo Gota, coroado príncipe consorte en 1857.

Morreu en Osborne House, illa de Wight, o 22 de xaneiro de 1901. Está enterrada no Mausoleo Real (Royal Mausoleum) de Frogmore. A ela débese a expresión da época vitoriana para referirmos á época de apoxeo do Imperio Británico.

A raiña Victoria é tataravoa da raiña Isabel II do Reino Unido, do rei Juan Carlos I de España e da súa consorte a reiña Sofía de Grecia, da reiña Margarita II de Dinamarca, do rei Carlos XVI Gustavo de Suecia e do rei Harald V de Noruega .


FEITO POR: Alba Carrín

Informacion sacada de:WIKIPEDIA

Eugene Delacroix


Eugene Delacroix foi un pintor francés nado en 1798, un dos máis importantes do Romanticismo.

Aos 18 anos estudiou na escola de belas artes.
Visita frecuentemente o museo de Louvre (París) estudando e copiando aos pintores que admiraba como poden ser Rubens e Velázquez entre outros.
Nas súas obras aparece o debate entre a tradición e o realismo. Aprendeu do pintor Boninghton a pintar a paisaxe. Coñece a Stendhal e Meriméé en salóns literarios. Tamén se relaciona con Paganini e Frederic Chopin, dos que fai os seus retratos.
En 1882 Delacroix expón por primeira vez Dante e Virxilio nos infernos, obra chea de forza e cunhas cores e expresións moi traballadas.

Outra obra moi importante é a Liberdade guiando ao pobo, no que se representan as barricadas levadas a cabo a noite do 28 de Xullo de 1830, polos xóvenes republicanos franceses. A este acto deuselle en chamar “As tres xornadas gloriosas”. En todas as nacións se loitaba contra os monarcas absolutos e reclamaban a independencia.

Delacroix elixe para o cadro o momento do combate nas rúas parisinas e comenta este cadro coas palabras: “comecei un tema moderno, unha barricada...se non loitei pola miña patria polo menos pintarei para ela”. O desexo de compromiso do pintor levao a debuxarse a el mesmo no cadro (home co sombreiro de copa).

No cadro exáltase a cor e os xestos, dandolle un carácter tráxico e sensación de angustia. Tamén se resaltan as luces, que estalan na figura da liberdade e na camisa do home que aparece caído, e as sombras .

Outros cadros importantes deste autor son A morte de Sardanápalo e a Matanza de Quíos.
Asinado: Sandra Fernández
Información sacada de: Wikipedia e libro de texto de 4º ESO.

A arte gótica e os góticos

A arte gótica é un estilo que se desarrollou en Europa occidental durante os últimos séculos da Idade Media, desde mediados do século XII ata a implantación do Renacemento. Trátase dun amplo periodo artístico, que xorde no norte de Francia e se expande por todo o occidente. Según os países e as rexións desarrollase en momentos cronolóxicos diversos, ofrecendo no seu amplo desarrollo diferenciacións profundas: máis puro en Francia, máis horizontal e cercano á tradición clásica en Italia; con peculiaridades locales en Flandes, Alemaña, Inglaterra, Castilla e Aragón.

A arte gótica propiamente dita coincide no tempo coa plenitude e a crisis da Idade Media. Sóese indicar que frente a arte romántica, a gótica coincide co máximo desarrollo da cultura urbana donde aparece a burguesía, as universidades e o florecemento das ordes relixiosas, así como a acentuación dos conflitos e da disidencia, e finalmente os pavorosos espectáculos da Peste Negra e a Guerra dos Cen Anos, nun mundo tan cambiante que soamente poden entenderse en térmos dunha mutación fundamental.

A principal relación entre a arte gótica e os góticos de hoxe en día é o gusto polo negro, o oscuro, o fúnebre... Tamén se di que nos edificios da arte gótica se poñían na entrada estatuas con gárgolas e que estes seres tiñan un certo parecido cas persoas góticas.
Nazareth Díaz Salgado

martes, 2 de marzo de 2010

O ANARQUISMO

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social que chama á oposición e á abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas.


Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado) ou calquera outra forma de opresión e explotación.


Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación ou consenso de tódolos cidadáns), así como rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.


A intención é desenrolar e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidaridade recíproca.


Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre tendo en conta conceptos como o da autoxestión e a acción directa e de base.


Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenrólase no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón convertéuse nun movemento que está presente de forma continua na actualidade.


http://www.youtube.com/watch?v=fSvHrWsuS1Y

ALBA CARRÍN MÉNDEZ

INFORMACIÓN SACADA DE : WIKIPEDIA, BLOG DE HISTORIA,ENCICLOPEDIA LAROUSSE




martes, 23 de febrero de 2010

A SOCIEDADE INDUSTRIAL


A diferencia entre a sociedade do Antigo Réxime e a sociedade industrial é que, no Antigo Réxime había unha sociedade estamental e o estamento viña determinado pola orixe familiar ou social. Nesta nova sociedade a situación social viña determinada pola riqueza persoal e a propiedade privada. Destacan dous grupos principalmente: a burguesia e o proletariado.
A burguesia é a nova sociedade dominante. Son os propietarios dos médios de produción, como por exemplo fábricas, máquinas, terras…, eran os que obtiñan as ganacias. Controlaban o mundo dos negocios e cada vez interviñan mais na política. A unidade familiar era unha base fundamental, e o matrimónio un paso decisivo no que importaba máis a economía que os sentimentos.

A maioria da xente pertencía ao proletariado ou clase obreira, era un grupo formado polos obreiros e traballadores asalariados das industrias. Os campesiños, hosteleiros e artesáns do Antigo Réxime pasaron a ser traballadores de fábricas, de minas e de outros traballos na cidade.
Soportaban duras condicións de traballo como por exemplo: xornadas laborais excesivas e codicións de traballo pouco hixiénicas.

Asinado: Cristina Fernández
Información sacada de: Wikipedia e libro de ciencias socias 4ºESO

James Watt


James Watt foi un inventor, matemático e enxeñeiro escocés. Naceu en Greenock en 1736 e morreu en Heathfield no ano 1819. Estudiou na universidade de Glasgow e posteriormente na de Londres. En 1764 casou coa súa prima Margaret Miller coa que tivo seis fillos.


Nun principio só construíu instrumentos matemáticos e abriu unha tenda dedicada a venda deses produtos.


Anos máis tarde reparou e mellorou a máquina de Newcomen, que foi a que deu lugar á máquina de vapor, e que tentou de comercializar en 1768, pero levou á quebra da empresa. A máquina de Newcomen estaba gastando casi tres cuartos da enerxía do vapor en quentar o pistón e o cilíndro, polo que Watt inventou unha cámara de condensación que incrementou esta eficiencia.


Debido á quebra da anterior empresa Watt asociouse con Matthew Boulton durante un periodo duns vintecinco anos, nos que introduciron numerosas melloras a máquina de vapor. Entre estas melloras atópanse a transformación do movemento circular en movemento casi rectilíneo, inventado por Watt e a introdución do pistón de doble acción.


Estas melloras fixeron que a máquina de vapor pasara de ser un simple proxecto tecnolóxico a ser unha forma viable e económica de obter enerxía.


Tamén hai quen acusa a Watt da ralentización da evolución da máquina de vapor xa que se opuxo ó uso do vapor a alta presión.


El foi o inventor da unidade cabalo de potencia para poder comparar as salidas das diferentes máquinas de vapor.


http://www.youtube.com/watch?v=Dz55LDJ7cBw

-Fontes de información: Wikipedia, Enciclopedia Espasa, enciclopedia Larousse


Asinado : Sandra Fernández

miércoles, 16 de diciembre de 2009

O IMPERIO NAPOLEÓNICO


Napoleón I Bonaparte foi un militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolución e o Directorio, artífice do golpe de Estado do 18 de Brumario que o convertiu no Primeiro Cónsul da República do 11 de novembro de 1799; cónsul vitalicio dende o 2 de agosto de 1802, o 18 de maio de 1804 foi proclamado Emperador dos Franceses e coroado o 2 de decembro.
Foi proclamado Rey de Italia o 18 de marzo do 1805 e coroado o 26 de maio, ostentou ambos títulos ata o 11 de abril do 1814, e novamente, dende o 20 de marzo ata o 22 de xuño de 1815.

Durante un período de pouco máis dunha década adquiriu o control de case toda Europa Occidental e Central mediante conquistas ou alianzas e sólo foi, tras a súa derrota na Batalla das Nacións en outubro de 1813, que se viu obligado a abdicar uns meses máis tarde.

Voltou a Francia no período coñecido como os Cen Días e foi decisivamente derrotado na Batalla de Waterloo o 18 de xuño do 1815, sendo desterrado por parte dos ingleses á illa de Santa Elena, donde faleceu.

Napoleón é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aunque con derrotas igualmente estrepitosas. As súas agresivas guerras de conquista convertíronse nas maiores guerras coñecidas ata ese momento en Europa, involucrando un número de soldados xamais vistos nos exércitos de entonces.

Ademáis destas proezas bélicas, Napoleón tamén é coñecido polo establecemento do Código Napoleónico,e é considerado por algúns como un "monarca iluminado" debido ó seu extraordinario talento e á súa capacidade de traballo. Outros, sin embargo, considérano un ditador tirano cuxas guerras causaron a morte de millóns de persoas, tamén é considerado un dos personaxes máis megalómanos e nefastos de todos os tempos.

Actualmente é considerado como un personaxe clave que marcou o inicio so siglo XIX e a posterior evolución da Europa contemporánea.

Asinado: Nazareth