martes, 16 de marzo de 2010

Eugene Delacroix


Eugene Delacroix foi un pintor francés nado en 1798, un dos máis importantes do Romanticismo.

Aos 18 anos estudiou na escola de belas artes.
Visita frecuentemente o museo de Louvre (París) estudando e copiando aos pintores que admiraba como poden ser Rubens e Velázquez entre outros.
Nas súas obras aparece o debate entre a tradición e o realismo. Aprendeu do pintor Boninghton a pintar a paisaxe. Coñece a Stendhal e Meriméé en salóns literarios. Tamén se relaciona con Paganini e Frederic Chopin, dos que fai os seus retratos.
En 1882 Delacroix expón por primeira vez Dante e Virxilio nos infernos, obra chea de forza e cunhas cores e expresións moi traballadas.

Outra obra moi importante é a Liberdade guiando ao pobo, no que se representan as barricadas levadas a cabo a noite do 28 de Xullo de 1830, polos xóvenes republicanos franceses. A este acto deuselle en chamar “As tres xornadas gloriosas”. En todas as nacións se loitaba contra os monarcas absolutos e reclamaban a independencia.

Delacroix elixe para o cadro o momento do combate nas rúas parisinas e comenta este cadro coas palabras: “comecei un tema moderno, unha barricada...se non loitei pola miña patria polo menos pintarei para ela”. O desexo de compromiso do pintor levao a debuxarse a el mesmo no cadro (home co sombreiro de copa).

No cadro exáltase a cor e os xestos, dandolle un carácter tráxico e sensación de angustia. Tamén se resaltan as luces, que estalan na figura da liberdade e na camisa do home que aparece caído, e as sombras .

Outros cadros importantes deste autor son A morte de Sardanápalo e a Matanza de Quíos.
Asinado: Sandra Fernández
Información sacada de: Wikipedia e libro de texto de 4º ESO.

No hay comentarios:

Publicar un comentario