martes, 2 de marzo de 2010

O ANARQUISMO

O anarquismo é unha ideoloxía política, corrente filosófica e movemento social que chama á oposición e á abolición de toda autoridade, xerarquía e forma de control social por consideralas indesexables, innecesarias e nocivas.


Os tipos de autoridade rexeitados polos anarquistas inclúen os de tipo político (o Estado), económico (o capitalismo), relixioso (a Igrexa), cultural (o patriarcado) ou calquera outra forma de opresión e explotación.


Do mesmo xeito, os anarquistas pretenden abolir todo tipo de tratados ou normas impostas (é dicir, aquelas que sexan establecidas por imposición e sen a aprobación ou consenso de tódolos cidadáns), así como rematar cos diversos tipos de dominación do ser humano polos seus conxéneres.


A intención é desenrolar e conseguir a anarquía, que recoñece a plena liberdade e autonomía dos individuos, configurando sociedades a escala humana ou, máis exactamente, en comunidades, baseadas no modelo libertario de comuna autónoma, que tería por fundamentos a asociación voluntaria, a horizontalidade, a iniciativa individual e o apoio mutuo ou solidaridade recíproca.


Existen varios métodos propostos polas diversas escolas e tendencias xurdidas no movemento anarquista para a consecución destes fins, sempre tendo en conta conceptos como o da autoxestión e a acción directa e de base.


Con movementos precursores dende a antigüidade, o anarquismo desenrólase no século XIX a través de diversas tendencias, tendo lugar algunhas das experiencias libertarias máis significativas ao longo do século XX. Dende entón convertéuse nun movemento que está presente de forma continua na actualidade.


http://www.youtube.com/watch?v=fSvHrWsuS1Y

ALBA CARRÍN MÉNDEZ

INFORMACIÓN SACADA DE : WIKIPEDIA, BLOG DE HISTORIA,ENCICLOPEDIA LAROUSSE




No hay comentarios:

Publicar un comentario