martes, 23 de febrero de 2010

A SOCIEDADE INDUSTRIAL


A diferencia entre a sociedade do Antigo Réxime e a sociedade industrial é que, no Antigo Réxime había unha sociedade estamental e o estamento viña determinado pola orixe familiar ou social. Nesta nova sociedade a situación social viña determinada pola riqueza persoal e a propiedade privada. Destacan dous grupos principalmente: a burguesia e o proletariado.
A burguesia é a nova sociedade dominante. Son os propietarios dos médios de produción, como por exemplo fábricas, máquinas, terras…, eran os que obtiñan as ganacias. Controlaban o mundo dos negocios e cada vez interviñan mais na política. A unidade familiar era unha base fundamental, e o matrimónio un paso decisivo no que importaba máis a economía que os sentimentos.

A maioria da xente pertencía ao proletariado ou clase obreira, era un grupo formado polos obreiros e traballadores asalariados das industrias. Os campesiños, hosteleiros e artesáns do Antigo Réxime pasaron a ser traballadores de fábricas, de minas e de outros traballos na cidade.
Soportaban duras condicións de traballo como por exemplo: xornadas laborais excesivas e codicións de traballo pouco hixiénicas.

Asinado: Cristina Fernández
Información sacada de: Wikipedia e libro de ciencias socias 4ºESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario