martes, 23 de febrero de 2010

James Watt


James Watt foi un inventor, matemático e enxeñeiro escocés. Naceu en Greenock en 1736 e morreu en Heathfield no ano 1819. Estudiou na universidade de Glasgow e posteriormente na de Londres. En 1764 casou coa súa prima Margaret Miller coa que tivo seis fillos.


Nun principio só construíu instrumentos matemáticos e abriu unha tenda dedicada a venda deses produtos.


Anos máis tarde reparou e mellorou a máquina de Newcomen, que foi a que deu lugar á máquina de vapor, e que tentou de comercializar en 1768, pero levou á quebra da empresa. A máquina de Newcomen estaba gastando casi tres cuartos da enerxía do vapor en quentar o pistón e o cilíndro, polo que Watt inventou unha cámara de condensación que incrementou esta eficiencia.


Debido á quebra da anterior empresa Watt asociouse con Matthew Boulton durante un periodo duns vintecinco anos, nos que introduciron numerosas melloras a máquina de vapor. Entre estas melloras atópanse a transformación do movemento circular en movemento casi rectilíneo, inventado por Watt e a introdución do pistón de doble acción.


Estas melloras fixeron que a máquina de vapor pasara de ser un simple proxecto tecnolóxico a ser unha forma viable e económica de obter enerxía.


Tamén hai quen acusa a Watt da ralentización da evolución da máquina de vapor xa que se opuxo ó uso do vapor a alta presión.


El foi o inventor da unidade cabalo de potencia para poder comparar as salidas das diferentes máquinas de vapor.


http://www.youtube.com/watch?v=Dz55LDJ7cBw

-Fontes de información: Wikipedia, Enciclopedia Espasa, enciclopedia Larousse


Asinado : Sandra Fernández

1 comentario: