miércoles, 16 de diciembre de 2009

O IMPERIO NAPOLEÓNICO


Napoleón I Bonaparte foi un militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolución e o Directorio, artífice do golpe de Estado do 18 de Brumario que o convertiu no Primeiro Cónsul da República do 11 de novembro de 1799; cónsul vitalicio dende o 2 de agosto de 1802, o 18 de maio de 1804 foi proclamado Emperador dos Franceses e coroado o 2 de decembro.
Foi proclamado Rey de Italia o 18 de marzo do 1805 e coroado o 26 de maio, ostentou ambos títulos ata o 11 de abril do 1814, e novamente, dende o 20 de marzo ata o 22 de xuño de 1815.

Durante un período de pouco máis dunha década adquiriu o control de case toda Europa Occidental e Central mediante conquistas ou alianzas e sólo foi, tras a súa derrota na Batalla das Nacións en outubro de 1813, que se viu obligado a abdicar uns meses máis tarde.

Voltou a Francia no período coñecido como os Cen Días e foi decisivamente derrotado na Batalla de Waterloo o 18 de xuño do 1815, sendo desterrado por parte dos ingleses á illa de Santa Elena, donde faleceu.

Napoleón é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aunque con derrotas igualmente estrepitosas. As súas agresivas guerras de conquista convertíronse nas maiores guerras coñecidas ata ese momento en Europa, involucrando un número de soldados xamais vistos nos exércitos de entonces.

Ademáis destas proezas bélicas, Napoleón tamén é coñecido polo establecemento do Código Napoleónico,e é considerado por algúns como un "monarca iluminado" debido ó seu extraordinario talento e á súa capacidade de traballo. Outros, sin embargo, considérano un ditador tirano cuxas guerras causaron a morte de millóns de persoas, tamén é considerado un dos personaxes máis megalómanos e nefastos de todos os tempos.

Actualmente é considerado como un personaxe clave que marcou o inicio so siglo XIX e a posterior evolución da Europa contemporánea.

Asinado: Nazareth

No hay comentarios:

Publicar un comentario