martes, 15 de diciembre de 2009

Thomas Jefferson


Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virginia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virginia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimiteu polas súas desavenencias con Alexander Hamilton.
De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

Durante o seu mandato adquiriulles a
Luisiana ós franceses. Os demócratas actuais considérano o creador da súa ideoloxía (liberal).

Asinado:Alba e Sandra



No hay comentarios:

Publicar un comentario