martes, 15 de diciembre de 2009

LUIS XVI

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado en 1793 en París, foi rei de Francia entre 1774 e 1791 e despois rei dos franceses 1791-1792.

Cando subíu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa. Reconvocou o Parlamento , mais este voltou a facerlle oposición. O rei tibo que abandonar os seus ministros reformistas, substituíndoos por Necker.

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes, cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional(10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa fallida tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traición, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.



Asinado: Cris Fernández e Alba Carrín

1 comentario: