jueves, 1 de julio de 2010

O muro de Berlín


O muro de Berlín, tamén coñecido como "muro de vergonza", foi construido no 1961 durante a Guerra Fría, guerra que dividira a Europa en dous bloques, bloque oriental ou comunista e bloque occidental ou capitalista.

Este muro foi construido polos mandos do bloque oriental, é dicir os aliados da URSS, que dividiron á Berlín en dúas zonas, a capitalista ( occidental) e a comunista ( oriental).

O muro tiña unha lonxitude maior a 120 km e tiña unha altura de uns 3,6 m. Estaba construido con formigón armado e estaba protexido por unha valla metálica, trincheiras para impedir o paso de automóbiles, unha cerca de arames de púas e máis de 300 torres de vixiancia.

Durante o tempo que estivo construido foron moitas as fugas contabilizadas nas que algúns faleceron mentras que outros lograban escapar exitosamente.

A maioría destas fugas foron de persoas do lado comunista do muro ao capitalista.

O muro de Berlín caeu a noite do xoves 9 de Novembro de 1989 ó 10 de Novembro, 28 anos máis tarde da súa construción.



Asdo.: Sandra Fernández Fernández
Información sacada de: Google.

No hay comentarios:

Publicar un comentario