martes, 15 de junio de 2010

Auxe de réximes totalitarios (nazismo e fascismo)

O auxe os réximes totalitarios en Europa remóntase aos momentos posteriores á crise dos anos 30. Para explicalo temos que retroceder ata os felices anos 20, unha época de prosperidade económica que tivo maior incidencia en EEUU. Nesta época desenvolveuse moito a industria, debido á aparición de novos sistemas de produción en cadea e incrementouse o consumo, grazas á publicidade e ás facilidades de compra.

Durante os anos 20 houbo excesas ofertas polo que se corría o risco de superprodución. Tras estes felices anos 20, prodúcese a quebra da bolsa de New York (1929), coñecido como o "crac bolsista".

Este crac foi debido á superprodución, en EEUU, donde a xente n podía comprar eses produtos. Como a poboación non podía comprar e a industria xa non daba beneficios, a xente botouse a especular en bolsa.

A especulación bolsista consiste na compra de accións a baixo prezo e a venta destas a un maior precio. Esta acto leva a unha crise que máis tarde se solucionaría coa New-Deal, nova política económica que propoñía unha intervención do Estado para solucionar a crise e que foi ideada por Roosevelt.

A crise facvoreceu o desprestixo da democracia polo que se dá un auxe dos réximes totalitarios en Europa (nazismo e fascismo).

O fascismo é un movemento totalitario antidemocrático, antisocialista e anticapitalista que xorde nun momento de crise en Italia. Trátase dunha dictadura con Mussolini, que prohibiu os sindicatos, os partidos políticos e impuxo unha política autárquica.

O termo fascismo procede dos fascios italianos de combate, tamén coñecidos como "camisas egras", unha organización política paramilitar fundada en 1919. Mussolini conseguiu o poder a través da "marcha de Roma" cos seus camisas negras, logrando así que o rei Víctor Manuel III lle encargara a formación dun novo goberno polo que Mussolini implanta unha dictadura fascista.

O nazismo, en cambio, xorde en Alemania a partir do Partido Nacional Socialista Alemán, fundado en 1920 por Adolf Hitler.

Hitler accedeu ao poder mediante as eleccións de 1933 por maioría absoluta. Unha vez que este accede ao poder pon fin á República de Weimer e proclama o III Reich alemán, cunha dictadura e unha política militarista e agresiva, que será unha das causas que leve á Segunda Guerra Mundial.

O nazismo é un goberno con Hitler, é un movemento totalitario, que crea unha policía secreta destinada a eliminar e controlar á oposición, limita tamén a liberdade e créase un clima de violencia.

Hitler e o pobo alemán sentíanse humillados polo Tratado de Versalles, sentimento que tamén influira no auxe dos réximes totalitarios.

Tanto o fascismo como o nazismo decaen durante a Segunda Guerra Mundial coa penetración dos aliados (Francia, Inglaterra , EEUU e a URSS) nos países totalitarios.


Asdo.: Sandra Fernández
Información sacada de: libro de historia 4º ESO e Google.

1 comentario:

  1. eeeii vide ver o mellor artigo ó noso blog en maio "beckham el deseado"

    ResponderEliminar