martes, 8 de junio de 2010

A Revolución Rusa

En 1917 Rusia retírase da I Guerra Mundial para asistir á chamada revolución socialista en Rusia.

Antes da Revolución a situación de Rusia era unha grande extensión formada por 200 nacionalidades, gobernada de maneira absoluta polo Tsar, que controlaba o país mediante a policía política (Ochrana), o exército e a excesiva burocracia, atrasada política e economicamente, pois a súa economía xiraba en torno á agricultura, que utilizaba métodos arcaicos e inexistencia, practicamente, da industria, penosas condicións de vida de obreiros e campesiños, e unha grande influencia na política da igrexa ortodoxa.

Esta situación favoreceu a aparición de movementos opostos ao Tsarismo. Un dos partidos máis importantes foi o Partido Social Demócrata Ruso fundado no ano 1898 que se divíde en dúas opcións no ano 1903: mencheviques e bolxeviques.

Os mencheviques, que tiñan como líderes a Martov e Plejanov, que propoñían unha revolución dirixida pola Burguesía como paso previo á Revolución Socialista.

Os bolxeviques, que teñen como líder a Lenin, que popón unha revolución dirixida polos campesiños e proletariado.

Os feitos que levaron a Revolución Socialista foron: no ano 1905 Rusia perde a guerra contra Xapón polo dominio de Manchuria, suceso que fai que aumente o malestar social, o que provoca o estalido da Revolución.
O Tsar, como reacción á folga, reprime aos manifestantes matando a 100 persoas diante do Paza do Goberno. Finalmente para tentar freala crea o que se coñece como a duma .

Con isto aumenta os dereitos as liberdades e amplia o dereito ao voto, anque na práctica continúa a gobernar de maneira absoluta.

A partir deste suceso, e polo descontento dos rusos pola participación de Rusia na 1ª Guerra Mundial, en Febreiro do ano 1917 hai unha folga xeral en San Petersburgo esténdese por Rusia. A esta folga únense o exército o que fai que o Tsar Nicolás II deixe o poder.

Despois deste suceso a duma, instaura un goberno provisional e un parlamento liberal. Anque os soviets nas rúas pedían medidas máis radicais o goberno provisional non as tivo en conta.

Lenin, líder dos bolxeviques, de volta do exilio espuxo a súa estratexia para chegar á Revolución Socialista na Tesis de Abril. Pensaba que como os burgueses non ían realizar máis cambios, o poder debía recaer nos soviets para levar a cabo a revolución.

Por iso o 24 e 25 de Outubro de 1917 os bolxeviques tomaron os puntos claves de San Petersburgo ata tomar o "Palacio de Inverno", sede do goberno, e dende alí espallaron a revolución.

Comeza unha Guerra Civil entre partidarios do Tsar e liberales contra os Bolxeviques, que finaliza coa victoria dos Bolxeviques no ano 1921.

Os bolxeviques formaron un goberno con Lenin no mando xunto con Trostki e Stalin. Este goberno propuxo unha nova política económica a NEP, cunha menor intervención do Estado para a mellora da economía.

No ano 1922 e co goberno de Lenin Rusia convértese na U.R.S.S. que pasa a estar formada pola unión de varias Repúblicas Socialistas Soviéticas, que no 1923 promulgan a súa Constitución.

O goberno de Lenin acaba no ano 1924 coa súa morte. Tras este suceso deuse unha loita entre Trostki e Stalin pola súa sucesión, quedando gañador Stalin.

O establecememto da U.R.S.S. cae no ano 1991 cando acaba a "guerra fría".

http://www.youtube.com/watch?v=P_P1W4ct2RM&feature=related (vídeo relacionado coa Revolución Rusa.)

Asdo : Cristina Fdez e Sandra Fdez.

Información sacada: libro de historia, imaxes de Google, http://www.monografias.com/, http://www.portalplanetasedna.com/.

No hay comentarios:

Publicar un comentario