martes, 15 de junio de 2010

A DESCOLONIZACIÓN


A descolonización foi o proceso de abolición dos imperios coloniais que supuxo o acceso a independencia das antigas colonias, que se levou a cabo entre 1945 e 1965.


As causas que levaron a este proceso de descolonización foron o impacto da Segunda Guerra Mundial, na cal os territorios foron escenario dalgúns dos conflictos, o xurdimento dentro das colonias de movementos nacionalistas, que se opoñían a dominación estranxeira, e o apoio internacinal que recibian de grupos intelectuais, as igrexas e a ONU.


O proceso de descolonización foi nalgúns casos mediante enfrontamentos bélicos ou mediante acordos pacíficos.


Primeiro produciuse a descolonización en Asia e Oriente Próximo . No primeiro o proceso de independencia foi pacífico en Filipinas, e en cambio, mediante guerras en Indochina.

En Oriente Proximo independizaronse Siria, Libano, Xordania e Iraq entre outros países, ademaís da división de palestina para crear o estado de Israel. Este feito orixinou grandes conflictos árabe-israelís.


Máis tarde independizouse Africa, primeiro as colonias do Norte tras unha longa guerra e máis tarde independizase Africa subsahariana, en xeral de forma pacifica.


As consecuencias que tivo a descolonización foron enfrontamentos bélicos entre as colonias, debido a o trazado arbitrario das fronteiras, neocolonialismo, dependencia económica da metrópole, forte crecemento demográfico e mala situación económica que provova un baixo nivel de vida, e relegación destes paises a unha posición secundaria (Terceiro Mundo).
Asdo: Luis Tella Neira.
Información sacada: libro de historia 4ºeso e imaxe de google.

No hay comentarios:

Publicar un comentario