martes, 15 de junio de 2010

O GUERNICA


Esta obra é de Pablo Picasso, un dos autores destacados do cubismo xunto con Bracque e Juan Gris, está pintado no ano 1937 e o seu estilo é o cubismo.
O guernica está pintado en blanco e negro, con diferentes tipos de grises e ata cuns tons azuis que apenas se aprecian. Din que a cor deste cadro débese a que Picasso se deu conta dun bombardeo que fixeron os alemáns ó pobo vasco de Guernica (o cal lle da nome ó cadro) a través dos periódicos. Outra explicación é que o pintor quixo transmitir a angustia e a pena representando este ataque como unha obra teatral.
O cadro consta de oito figuras que cambiaron mentras eran pintadas. Pódese decir que aínda que o Guernica pareza un cadro desordenado Pablo Picasso estudou moito a posición e a forma dos diferentes componentes.
O lenzo está formado por unha pirámide central coronado pola bombilla (da que se pode facer unha comparación cunha bomba) a pirámide imaxinaria tamén inclúe o corpo do cabalo, a muller espida da dereita e o corpo do combatente morto á esquerda. Ós lados da pirámide hai unha muller cos brazos erguidos, é un símbolo claro do terror. Na dereita podemos ver o touro, símbolo de España ou tamén de loita e forza e por último unha nai que ten o seu fillo no colo e un paxaro.
Do guernica crése que é unha clara crítica á política franquista, xa que reprensenta un dos tantos combates que houbo.
Actualmente o Guernica pódese ver no Museo Nacional de Arte Reina Sofía.


Feito por: Cris Fernández e Alba Carrín


Información sacada do libro de sociais de 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario