O dadaísmo é un movemento xurdido en Zurich en torno ao ano 1916, e coa axuda de Hugo Ball, que se caracteriza pola súa reivindicación á destrución da arte, do azar e do absurdo.
Xurde do descontento da xente no periodo posterior á Primeira Guerra Mundial.
O termo dadá procede dun dicionario francés aberto ao azar, que se utilizou para nomear a un movemento literario e artístico que pretendía romper con toda a tradición anterior.
Estendeuse por Europa en torno a unha figura moi representativa desta corrente que foi Marcel Duchamp. Foi o creador dos "ready made", obras realizadas a partir de obxectos cotiáns, atribuíndolles un novo significado, é dicir, descontextualizándoos.
As caracterísitcas principais desta corrente artística son: integración de técnicas diferentes ás xa coñecidas, como por exemplo a aparición do "collage", desprecia o retórico e tradicional, liberación do subconsciente, expresión libre da arte e busca a renovación da expresión mediante a utilización de materiais inusuais.
Algúns dos artistas máis destacados son Marcel Duchamp, Man Ray ou Francis Picabia, e algunha das obras máis representativas son "Parada amorosa" de Picabia e "O gran vidro" de Duchamp.
Asdo: Sandra e Cristina Fernández
Información sacada de : Wikipedia, imaxes de Google, http://www.enerxia.net/xart/documentacion/dadaismo.htm.
No hay comentarios:
Publicar un comentario