martes, 15 de junio de 2010

As dúas etapas da II Guerra Mundial



As dúas etapas da II Guerra Mundial (1939-1945)
1ª Etapa (1939-1942)
Esta etapa caracterizouse polas victorias das potencias do Eixe, Alemaña, Italia e Xapón.
Alemaña desenvolveu unha “Guerra lóstrego” baseada en ataques masivos e por sorpresa. Grazas a isto os nazis ocuparon casi toda Europa Occidental.
Intentaron invadir o Reino Unido pero este resistiu os seus ataques durante a “Batalla de Inglaterra”.
Máis tarde os nazis conquistaron o norte de África, a URSS e os Balcáns.
Xapón pola sú parte, bombardeou a frota estadounidense de Pearl Harbor (Hawai). Este feito provocou que EEUU se unira á guerra facendo así un novo escenario de guerra; o Pacífico.
2ª Etapa (1942-1945)
Iniciouse coa contención polos Aliados das potencias do Eixe (Alemaña, Italia e Xapón).
A parti de 1944, os Aliados puxeron en marcha grandes ofensivas. Polo oeste, tras o desembarco de Normandía e a liberación de Europa Occidental os Aliados (EEUU, Francia, a URSS e Inglaterra) penetraron en Alemaña dirixíndose cara Berlín o que provocou o suicidio de Hitler (1945); dous días antes Mussolini fora executado.
En canto a Xapón, continuou coitando no Pacífico, e só se rendeu tras o bombardeo das bombas atómicas realizado por EEUU nas cidades de Hiroshima e Nagasaki (6 e 9 de agosto respectivamente).

http://www.youtube.com/watch?v=fWoNDxjOksM8feature=related

http://www.youtube.com/watch?v=Sv1niwxQgoY&feature=related

Información:

Wikipedia, Libro de CCSS e libreta de CCSS.

Feito por: Nazareth Díaz Salgado

Persoalmente aconsello ver a película de Pearl Harbor; unha historia de amor que transcurre na primeira parte da II Guerra Mundial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario