martes, 15 de junio de 2010

O IMPERIALISMO


O imperialismo é unha nova espansión colonial iniciada en 1870 polas grandes potencias mundiais.
As principais causas deste movemento foron principalmente de catro tipos: políticas e estratégicas, demográficas, económicas e ideológicas.
En canto as políticas e estratégicas basáronse na posesión de colonias que se converteron nun criterio para medir a grandeza dos países. A iso uníronse razóns estratéxicas, como o control dunha ruta comercial, a proteción dun territorio ou evitar a anexión por países rivais.
Se falamos das demográficas podemos decir que as colonias proporcionaban territorios para enviar os excedentes demográficos nacionais e minguar as tensións sociais internas.
As económicas estiveron producidas polo aumento da produción da Segunda Revolución Industrial ,xa que esta provocou a necesidade de buscar materias primas para a indrustria e novos mercados sen barreiras aduaneiras, onde colocar os productos industriais. Ademais, o desenvolvemento do capitalismo requería novos espazos donde invertir o capital.
Con respectos ás ideolóxicas foron levadas a cabo por certas correntes ideolóxicas que manipularon as ideas de Darwin (pensaba que o home descendia dos monos) aplicáronas á sociedade e utilizáronas interesadamente para proclamar a superioridade da raza blanca e a súa misión de “civilizar” o resto do mundo.
O s imperialistas colonizaron territorios, este feito tivo consecuencias como por exemplo no territorio político, os gobernantes locais foron eliminados ou sometidos a control extranxeiro. Ademais, o trazado arbitrario das fronteiras polos colonizadores orixinou conflictos étnicos, ó separar ou unir nun mesmo territorio pobos rivais.
No terreo demográfico a mortalidade retrocedeu grazas ós progresos médicos e hixiénicos
No terreo económico, as potencias colonizadoras obrigaron ós indíxenas a traballar ao seu beneficio.
En canto ao terreo social podo decir que se impuxo unha nova sociedade marcada por un forte contraste entre os extranxeiros, que controlaban o goberno e a riqueza e habitaba luxosos barrios, e a poboación indíxena, obrigada a traballar e confinada en barrios a parte, ou en reservas.
No terreo cultural, as linguas, as crenzas e culturas indíxenas foron desprazadas polas extranxeiras e desapareceron ou entraron en crise.
Para os pobos colonizadores, o colonialismo proporcionou superioridade mundial, poder político, riquezas, estímulo para a industrialización e coñecemento directo doutras civilizacións.
Pola contra, agudizou os enfrontamentos políticos e económicos internacionais, e foi unha das causas da Primeira Guerra Mundial.



Feito por: Cris Fernández e Alba Carrín.


Información sacada de: libro e libreta de sociais de 4º ESO

No hay comentarios:

Publicar un comentario