O emperador Carlos V de Alemania e I de España, primeiro rei da casa dos Austrias, consigue un grande territorio que se extendía dende Filipinas ata México e dende os Países Baixos ata o estreito de Magalláns. Ademais da expansión ultramarina este territorio foi resultado da xuntanza de catro casas europeas, as de Borgoña, Austria, Aragón e Castela, que se coñeceu como Imperio Español, sobre todo a partir da división da herdanza de Carlos V entre o seu irmán Fernando I de Habsburgo e o seu fillo Filipe II.
Durante esta época foi a maior potencia de Europa. Máis tarde, e co reinado dos chamados Austrias Menores (Filipe III, Filipe IV e Carlos II), coincidentes co mellor do Século de Ouro, das artes e das letras, perden a hexemonía europea e caen nunha profunda crise económica e social.
Despois da morte de Carlos II, no ano 1700, déixalle o trono a Filipe de Anjou, no canto de deixarllo ó seu parente o arquiduque Carlos, polo que se comeza a chamada Guerra de Sucesión.
Finalmente fírmase a paz de Uttrech e Rassat e que da ó mando do Imperio Español Filipe de Anjou, primeiro monarca da dinastía dos Borbóns.
Asinado: Sandra Fernández e Cristina Fernández
No hay comentarios:
Publicar un comentario