martes, 17 de noviembre de 2009

Eros e Psique de Antonio Cánova



Clasificación
É unha obra de Antonio Cánova.
Entre as súas obras de tema mitolóxico destaca a que representa un momento culminante da lenda de Eros e Psique.
Según esta lenda Psique era unha moza de extraordinaria beleza da cal se namorou Eros. A curiosidade da rapaza fixo que abrira o cántaro que lle dera Proserpina para que llo levara a Venus, que conteña o segredo da beleza.
Ó abrir o cántaro, unha nube envolveuna e caeu nun sono profundo do que non despertou ata que a bicou Eros.
Comentario
Na escultura de Cánova vese unha extraordinaria perfección no tratamento dos corpos. Estes adoptan posturas forzadas e forman un conxunto de diagonais(definida polas ás de Eros, pola súa perna dereita e o corpo de Psique) que teñen o seu centro no espacio que hai entre as bocas dos personxes.
A postura na que se atopan os corpos e o acercamento dos rostros destaca o carácter apaixonado dunha escea na que se representa o amor.

Asinado: Sandra Fernández

No hay comentarios:

Publicar un comentario