Luis XIV de Francia (Saint-Germain en Laye, Francia, 5 de setembro de1638- Versalles, Francia, 1 de setembro de 1715) foi rei de Francia e de Navarra desde o 14 de maio de 1643 ata a súa morte, con casi 77 anos de idade e 72 de reinado, co príncipe de Andorra (1643-1715) como Luis II.
Coñecido como o Rei do Sol ou Luis o Grande, foi o primoxénito e sucesor de Luis XIII e de Ana de Austria (filla do rei Felipe III de España). Luis XIV incrementou o poder e a influencia francesa en Europa, combatindo en tres grandes guerras: a Guerra de Holanda, a Guerra dos Nove Anos e a Guerra da Sucesión Española. Baixo o seu mandato, Francia non sólo conseguiu o poder político e militar, senón que tamén o dominio cultural. Estes logros culturais contribuiron ó prestixio de Francia, o seu pobo, a súa lingua e o seu rei. Luis XIV, un dos máis destacados reis da historia francesa, conseguiu crear un réxime absolutista e centralizado, ata o punto no que o seu reino do é considerado o prototipo da monarquía absoluta, unha forma de goberno na que o monarca ten todos os poderes (executivo, lexislativo e xudicial). Este poder do monarca considérase que proviña de Deus. Desenrólase no século XVIII a partir das monarquías autoritarias.
A frase " O Estado son eu" atribúeselle frecuentemente, aunque está considerada polos historiadores como unha imprecisión histórica ( si se fai caso das fechas, Luis tiña 5 anos cando o dixo), xa que é máis provable que dita frase fora forxada polos seus enimigos políticos para resaltar a división estereotipada do absolutismo político que Luis presentaba. Na contraposición a esa cita apócrifa, Luis XIV dixo antes de morrer : "Voume, pero o Estado sempre permanecerá".
No hay comentarios:
Publicar un comentario