miércoles, 16 de diciembre de 2009

O IMPERIO NAPOLEÓNICO


Napoleón I Bonaparte foi un militar e gobernante francés, xeneral republicano durante a Revolución e o Directorio, artífice do golpe de Estado do 18 de Brumario que o convertiu no Primeiro Cónsul da República do 11 de novembro de 1799; cónsul vitalicio dende o 2 de agosto de 1802, o 18 de maio de 1804 foi proclamado Emperador dos Franceses e coroado o 2 de decembro.
Foi proclamado Rey de Italia o 18 de marzo do 1805 e coroado o 26 de maio, ostentou ambos títulos ata o 11 de abril do 1814, e novamente, dende o 20 de marzo ata o 22 de xuño de 1815.

Durante un período de pouco máis dunha década adquiriu o control de case toda Europa Occidental e Central mediante conquistas ou alianzas e sólo foi, tras a súa derrota na Batalla das Nacións en outubro de 1813, que se viu obligado a abdicar uns meses máis tarde.

Voltou a Francia no período coñecido como os Cen Días e foi decisivamente derrotado na Batalla de Waterloo o 18 de xuño do 1815, sendo desterrado por parte dos ingleses á illa de Santa Elena, donde faleceu.

Napoleón é considerado como un dos maiores xenios militares da Historia, comandando campañas bélicas moi exitosas, aunque con derrotas igualmente estrepitosas. As súas agresivas guerras de conquista convertíronse nas maiores guerras coñecidas ata ese momento en Europa, involucrando un número de soldados xamais vistos nos exércitos de entonces.

Ademáis destas proezas bélicas, Napoleón tamén é coñecido polo establecemento do Código Napoleónico,e é considerado por algúns como un "monarca iluminado" debido ó seu extraordinario talento e á súa capacidade de traballo. Outros, sin embargo, considérano un ditador tirano cuxas guerras causaron a morte de millóns de persoas, tamén é considerado un dos personaxes máis megalómanos e nefastos de todos os tempos.

Actualmente é considerado como un personaxe clave que marcou o inicio so siglo XIX e a posterior evolución da Europa contemporánea.

Asinado: Nazareth

martes, 15 de diciembre de 2009

Thomas Jefferson


Thomas Jefferson, nado en Shadwell (Virginia) o 13 de abril de 1743 e finado en Charlottesville (Virginia) o 4 de xullo de 1826, foi o segundo vicepresidente e o terceiro presidente dos Estados Unidos.

Foi embaixador en Francia de 1785 a 1789. Secretario de Estado (ministro de Exteriores) de Washington de 1790 a 1793, cargo do que dimiteu polas súas desavenencias con Alexander Hamilton.
De 1797 a 1800 ocupou a vicepresidencia baixo o federalista John Adams. As eleccións dese ano (1800) produciron unha rotunda vitoria para o Partido Republicano. O Congreso elixiuno terceiro presidente dos EUA (1801-1804), cargo para o que foi reelixido (1805-1809).

Durante o seu mandato adquiriulles a
Luisiana ós franceses. Os demócratas actuais considérano o creador da súa ideoloxía (liberal).

Asinado:Alba e Sandra



David de Miguel Anxo




É unha escultura de mármore branco de 517 cm. Realizada por: Miguel de Buonaroti entre 1501 e 1504. A escultura representa ó rei David no momento previo a enfrentarse a Goliat, foi acollida como símbolo da República de Florencia.


É unha das obras maestras do Renacemento según a maioría dos historiadores. Tamén é das máis famosas do mundo.

Encóntrase na galería da Academia de Florencia.


Asinado: Luis Tella

A Revolucón Francesa


A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza para evitar a bancarrota do Estado obrigou a que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval que non se xuntaba desde séculos atrás, co fin de anunciar o aumento dos impostos, para facer fronte a aquelas dificuldades financeiras que acabaríar por desencadear a Revolución.
Era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía, tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado. Axiña se axuntaron estes os burgueses de París e provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Bastilla o 14 de xullo de 1789, que asustaron ao rei e obrigraron a ceder aos seus desexos.
Os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional; decretou que o poder residía no pobo e proclamou as liberdades políticas, o cal deu orixe á aparición dos partidos políticos, os máis importantes foron os xirondinos, representantes dos intereses da alta burguesía que consideraba que a revolución triunfara e non debía seguir adiante e os xacobinos, representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destituíra ao rei e proclamara unha república.
Ademais, destas dúas forzas xurdiron organizacións populares que agrupaban cidadáns de ideoloxía e condición social semellante, os xacobinos foron os máis importantes, formado por membros do partido xacobino, os cordeliers promoveron numerosas manifestacións populares.
Luís XVI cada volta estaba nunha situación máis incómoda xa que non aceptaba a perda do seu poder e o desprazamento da nobreza, en xuño de 1791 fuxiu de París en secreto pero antes de poder cruzar a fronteira descrubrírono e foi enviado de volta a París. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con
Austria e moi pronto extendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República.
Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Maximilien de Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do terror mediante o
Tribunal de Salvación Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina.
O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París.
En 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía o que non impediu que o resto de Europa seguise vendo Francia como un perigo que pretendía extender os ideais revolucionarios polo continent,e polo que o enfrontamento armado continuou pero a partir de 1796.
Foi Francia a que tomou a iniciativa contratacando e ocupando varios estados europeos, nos cales estableceu repúblicas ao estilo francés, neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun xeneral novo, Napoleón Bonaparte, que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e, en novembro de 1799, ante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de estado, acudiu coas súas tropas a París co pretexto de establecer a orde e tomou o poder, acabando co Directorio e establecendo un goberno persoal que culminou en 1804 ao proclamarse emperador.
Asinado: Alba Carrín e Cristina Fernández

LUIS XVI

Luís XVI de Borbón, nacido en 1754 en Versalles e executado en 1793 en París, foi rei de Francia entre 1774 e 1791 e despois rei dos franceses 1791-1792.

Cando subíu ao trono, as finanzas reais non se encontraban nunha situación favorable, e así permaneceron até a chegada da Revolución Francesa. Reconvocou o Parlamento , mais este voltou a facerlle oposición. O rei tibo que abandonar os seus ministros reformistas, substituíndoos por Necker.

Non é capaz de evitar a Revolución, apoiando as reformas económicas e sociais propostas por Turgot e Necker, nin tornarse líder popular, por non comprender as aspiracións do pobo.

A política exterior feita por Vergennes e o Tratado de Versalles restauraron o prestixio de Francia. Mais, no interior do país, a oposición creceu; Calonne seguido de Loménie de Brienne, tentou en van resolver a crise financeira. Convocou a alta aristocracia na Asemblea dos Notables (1787) e nada conseguiu. Luís XVI tivo que chamar de volta a Necker (1788) e prometer a convocación dos Estados Xerais, que estaban á marxe do goberno desde había 175 anos. Os Estados Xerais, que se reuniron en Versalles en 1789, son a reunión dos tres estamentos da sociedade desde a Idade Media: o nobre que loita (1º estado), o clero que reza (2º estado) e o campesiñado que traballa (3° estado). Estes feitos marcaron o início da Revolución.

Os deputados do Terceiro Estado constituíron a Asemblea Nacional e despois Asemblea Constituínte. A familia real foi levada à forza de Versalles para París (1789) e a súa tentativa de fuxir do país foi frustrada en Varennes, cando foi feita prisioneira da Comuna insurrecional(10 de agosto). A monarquía foi abolida o 21 de setembro de 1792. Luís XVI, desmoralizado pola súa fallida tentativa de fuga e polas súas negociacións co estranxeiro, perdeu completamente a popularidade. Encerrado no Templo e acusado de traición, foi xulgado pola Convención e condenado a morte, sendo guillotinado o 21 de xaneiro de 1793. A raíña consorte María Antonieta foi executada seis meses despois. A súa morte provocou a unión dos soberanos europeos contra a Francia revolucionaria.



Asinado: Cris Fernández e Alba Carrín

Motín do té


O martes 16 de decembro de 1773 tivo lugar en Boston o chamado "Motín do Té", no que se lanzou ó mar o cargamento de té de tres buques británicos. Este acontecemento foi levado a cabo por uns colonos, como protesta á implantación dos impostos sobre o té, que se fixeron pasar por Peles Roxas. Esto foi considerado como un precedente da Guerra da Independencia dos Estados Unidos.

Este acto trouxo críticas de funcionarios tanto da colonia como británicos. A rectificación inglesa case inmediata non evitou a chamada "Masacre de Boston" , donde se boicotearon os produtos procedentes de Inglaterra. O goberno inglés cerrou o porto de Boston en 1774 como represalia e declarou o estado de excepción, instaurando outras leis coñecidas como Intolerable Acts.

Co tempo o Motín do Té demostrou ser unha das varias causas da Guerra da Independencia de Estados Unidos.

O Motín do Té é coñecido mundialmente e tivo influencias noutras revelións.

Asinado: Sandra, Luis e Nazareth.

domingo, 13 de diciembre de 2009

A conquista do Oeste e as guerras indias


Guerras indias é o nome utilizado normalmente nos EEUU de América para referirse ó conxunto de conflictos e guerras menores entre dito país e os distintos pobos amerindios.
Estas guerras que se estenden dende tempos coloniais ata a Masacre de Wounded Knee e o establecemento definitivo da fronteira de EEUU en 1890, polo xeral resolvéronse coa conquista dos pobos amerindios e a súa asimilación cultural. Según unha estimación de 1894 feira pola Oficina do Censo dos Estados Unidos, calcúlase que os máis de 40 anos en total de querras transcurridas entre 1775 e 1890 supuxeron a morte de 45.000 indios defensores dos seus territorios ancestrais e 19.000 blancos invasores. A estimación influe mulleres e nenos en ambos bandos, xa que era habitual a morte de xente que non combatia nas masacres fronteirizas que representaron un claro exemplo histórico de limpeza étnica.
Os indios americanos foron un conxunto de distintas culturas cas súas propias historias. Ó largo de distintas guerras indias, non formaron un sólo bando nin o unificaron para loitar polas mesmas causas. Ó vivir en sociedades organizadas de diversa maneira, os indios americanos normalmente tomaban as súas decisións sobre a guerra e a paz a nivel local, inda que ás veces podíanse pelear como parte de alianzas formalizadas ou en confederacións temporais inspiradas por líderes carismáticos.
Asinado: Nazareth Díaz Salgado