A decisión do rei de facer pagar impostos á nobreza para evitar a bancarrota do Estado obrigou a que o rei convocara os Estados Xerais, asemblea de orixe medieval que non se xuntaba desde séculos atrás, co fin de anunciar o aumento dos impostos, para facer fronte a aquelas dificuldades financeiras que acabaríar por desencadear a Revolución.
Era a oportunidade que estaba a agardar a burguesía, tamén representada nos Estados Xerais como terceiro estado. Axiña se axuntaron estes os burgueses de París e provocaron unha serie de grandes manifestacións populares, a máis importante foi a que rematou no asalto á Bastilla o 14 de xullo de 1789, que asustaron ao rei e obrigraron a ceder aos seus desexos.
Os Estados Xerais convertéronse na Asemblea Constituínte, xa controlada pola burguesía, que suprimiu os privilexios da nobreza, deu fin ao absolutismo e instaurou a monarquía constitucional; decretou que o poder residía no pobo e proclamou as liberdades políticas, o cal deu orixe á aparición dos partidos políticos, os máis importantes foron os xirondinos, representantes dos intereses da alta burguesía que consideraba que a revolución triunfara e non debía seguir adiante e os xacobinos, representantes da clase media que aspiraban a seguir cunha revolución que destituíra ao rei e proclamara unha república.
Ademais, destas dúas forzas xurdiron organizacións populares que agrupaban cidadáns de ideoloxía e condición social semellante, os xacobinos foron os máis importantes, formado por membros do partido xacobino, os cordeliers promoveron numerosas manifestacións populares.
Luís XVI cada volta estaba nunha situación máis incómoda xa que non aceptaba a perda do seu poder e o desprazamento da nobreza, en xuño de 1791 fuxiu de París en secreto pero antes de poder cruzar a fronteira descrubrírono e foi enviado de volta a París. En abril de 1792 Francia entraba en guerra con
Austria e moi pronto extendeuse a toda Europa, cando se tivo coñecemento dunhas cartas do rei chamando os austríacos a marchar sobre a capital francesa o rei foi encarcerado, xulgado por traizón e condenado a morte na guillotina ao tempo que se proclamaba a República.
Esta situación favoreceu o triunfo dos xacobinos dirixidos por Maximilien de Robespierre que acabou por establecer unha ditadura mediante a aplicación sistemática do terror mediante o
Tribunal de Salvación Pública que enviou a milleiros de franceses sospeitosos de opoñerse á República á guillotina.
O réxime de Robespierre tivo éxito en rexeitar a invasión estranxeira e en imposibilitar calquera intento de restauración monárquica pero un sector ata entón colaborador de Robespierre comezou a afastarse alarmado polo aumento do protagonismo das masas en París.
En 1794 un golpe de Estado supuxo a fin do goberno dos xacobinos, establecéndose un Directorio controlado pola alta burguesía o que non impediu que o resto de Europa seguise vendo Francia como un perigo que pretendía extender os ideais revolucionarios polo continent,e polo que o enfrontamento armado continuou pero a partir de 1796.
Foi Francia a que tomou a iniciativa contratacando e ocupando varios estados europeos, nos cales estableceu repúblicas ao estilo francés, neste cambio estratéxico foi fundamental a figura dun xeneral novo, Napoleón Bonaparte, que se converteu nunha das figuras máis populares de Francia e, en novembro de 1799, ante o rumor que afirmaba que os xacobinos estaban preparando un golpe de estado, acudiu coas súas tropas a París co pretexto de establecer a orde e tomou o poder, acabando co Directorio e establecendo un goberno persoal que culminou en 1804 ao proclamarse emperador.
Asinado: Alba Carrín e Cristina Fernández